InicioMovementos SociaisVigo manifestarase contra o "negocio da vivenda" o 5 de abril

Vigo manifestarase contra o “negocio da vivenda” o 5 de abril

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia súmase o 5 de abril á primeira manifestación estatal pola cuestión da vivenda, que convocan os sindicatos de inquilinas da man doutras organizacións locais ao longo de toda España. Na Coruña, Santiago e Vigo, veciños xa se preparan para esixir “acabar co negocio da vivenda“, lema da convocatoria.

No comunicado da manifestación, recollido na web acabemosconelnegocio.es, expoñen que “os fondos de investimento e os rentistas seguen acumulando beneficios mentres miles de persoas son desafiuzadas, expulsadas dos seus barrios ou condenadas a vivir en condicións indignas”. Tamén dirixen a mirada cara ao Estado e os partidos políticos institucionais, cuxa “complicidade” consideran clave á hora de converter a vivenda nun “modelo de negocio“.

Por estes motivos, a organización chama “a todo o mundo a saír ás rúas” na que será a primeira marcha estatal con este motivo. “Isto non é só unha manifestación, é un paso máis na construción dun movemento forte, independente e combativo”, defenden.

Esta marcha prodúcese despois do éxito doutras protestas previas noutros puntos de España, como Madrid, Bilbao ou Barcelona. Ademais, na mesma capital catalá a mobilización veciñal impediu a inicios de 2025 o deshaucio de inquilinos en casa Orsola, o que desembocou na compra deste edificio –que pertencía a un fondo de investimento– por parte do Concello xunto a unha entidade de xestión de vivenda social.

Vigo manifestarase o sábado 5 de abril ás 19.00 horas, con saída na praza de España e con finalización no cruzamento dos bancos (intersección das rúas Colón, Policarpo Sanz e García Barbón). Do mesmo xeito que sucede na Coruña e Compostela, o Sindicato de Inquilinas de Vigo –impulsores da marcha na cidade olívica– está a promover asembleas abertas, de cuxas datas avisan a través das redes sociais. Ademais, reciben apoio na organización das asociacións de veciños e ecoloxistas, centros sociais e outros sindicatos.

Na convocatoria da protesta chaman a unirse a ela e a participar dos movementos locais de vivenda: “Ás inquilinas non nos saen as contas cos nosos soldos e os prezos dos alugueres. Mentres tanto, os caseiros non nos devolven as fianzas, ignoran as peticións de reparacións, imponnos subidas abusivas ou directamente non nos renovan os contratos de aluguer”, quéixanse.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...