InicioMovementos SociaisBanco de Alimentos de Vigo recada 49.000 quilos de comida durante a...

Banco de Alimentos de Vigo recada 49.000 quilos de comida durante a Operación Quilo Primavera

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recadou uns 49.000 quilos de comida durante a Operación Quilo Primavera levada a cabo entre os días 2 e 3 de xuño. Tal como informou a organización, nesta acción solidaria participaron máis de 200 voluntarios na provincia de Pontevedra que estiveron repartidos por supermercados Carrefour ou Alcampo de Vigo, Pontevedra, Lalín e Vilagarcía.

Pola súa banda, outras cadeas como Mercadona ou Día optaron só por recibir doazóns monetarias, sen presenza de voluntarios. Neste caso, estas cantidades transfírense a Banco de Alimentos para comprar comida.

En concreto, máis de 23.000 quilos foron recollidos de forma física e o resto, ata lograr os 49.000 quilos, foron doazóns económicas. Banco de Alimentos indicou que esta foi a primeira Operación Quilo Primavera, pero será unha campaña que chega “para quedar”.

A Fundación agradeceu a todos os doantes o seu esforzo a pesar dos actuais tempos de inflación e alza dos prezos da comida, así como aos voluntarios que cada ano axudan nas recollidas.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...