InicioMedio Ambiente e PatrimonioAbel Caballero asegura que "non se multará" nas zonas de baixas emisións...

Abel Caballero asegura que “non se multará” nas zonas de baixas emisións que se van a implantar en Vigo en 2023

PUBLICADO O

- Advertisement -

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que “non se multará” nas zonas de baixas emisións que se van a implantar na cidade olívica o próximo ano. Na súa rolda de prensa diaria, o rexedor vigués sinalou que, tras coñecerse esta “imposición” da Unión Europea, “fíxose unha delimitación inicial en primeira fase de zonas de baixas emisións”.

“Quero tranquilizar a todo o mundo. Esa delimitación inicial ten unha característica, non vai ser coercitiva. Facemos unha primeira aproximación, imos dialogar con toda a cidade e, ímolo a facer ademais, co acougo dun diálogo ben feito porque as zonas de baixas emisións teñen que ser zonas de consenso e de acordo. Non pode ser doutra forma”, sinalou.

ZONAS DE BAIXAS EMISIÓNS

Tal e como avanzou Caballero a finais de setembro, o Concello de Vigo implantará un total de catro zonas de baixas emisións. A primeira destas zonas porase en marcha no centro da cidade, no perímetro delimitado por Cánovas do Castelo, Praza de Compostela, Colón, Urzáiz, Gil, Rolda don Bosco, Paseo de Granada, Falperra, Llorente, Santa Marta e Gaiteiro Ricardo Portela.

Así mesmo, haberá unha segunda Zona de Baixas Emisións na contorna do Calvario, outra na contorna da Praza de Portugal e unha cuarta no perímetro interior do centro urbano de Bouzas. Catro zonas que suman unhas 67 hectáreas de superficie.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...