InicioMedio Ambiente e PatrimonioPlataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES” denuncian que o regato...

Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES” denuncian que o regato das Barxas “desprende un cheiro fedorento

Sinala que a gran materia de orixe fecal que había nos terreos periféricos “contamina as lagoas da zona e verten no regato" e piden que se tomen medidas "urxentes"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES” denuncian que na ponte do regato das Barxas que pasa a carón das instalacións de hípica do Vao as augas “desprendían un cheiro fedorento anque a aparencia delas era normal”, segundo sinalan nun comunicado.

A Plataforma indica que un traballador municipal confirmou que o cheiro non corresponde a ningunha vertedura nin causa industrial. Polo tanto, fixeron un recoñecemento do itinerario  do saneamento municipal na zona Liñares-As Barxas que deron como resultado que a gran materia de orixe fecal que había nos terreos periféricos “contamina as lagoas da zona e verten no regato das Barxas que ó mesmo tempo decorre e desemboca no mar coas conseguintes consecuencias para a pesca, marisqueo e as actividades de lecer que se desenvolven na zona.”

Polo tanto, desde a Plataforma solicítanlle ao Concello de Vigo que ”sexan adoptadas con urxencia as medidas, obras e actuacións necesarias para que todas as augas contaminadas sexan conducidas dun xeito eficiente á EDAR para o seu tratamento e depuración”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...