InicioMedio Ambiente e PatrimonioAtopada unha ave mariña con gripe aviaria en Moaña

Atopada unha ave mariña con gripe aviaria en Moaña

Foi recollida en Meira.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural comunicou o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a detección de cinco casos máis de gripe aviaria en alcatraces, confirmados polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete, que se unen a dous detectados anteriormente.

Segundo informou a Xunta, trátase de cinco individuos de mascato (alcatraz común ou atlántico) recollidos en Ares, Doniños (Ferrol), Riazor (A Coruña), O Barqueiro (Mañón) e Meira (Moaña), no marco do Plan de vixilancia da influencia aviaria que desenvolve a administración autonómica.

Nos catro primeiros casos, as aves foron trasladadas aos centros de recuperación de fauna silvestre de Oleiros (A Coruña) e a localizada en Moaña foi derivada ao centro de Carballedo (Pontevedra). As cinco foron sacrificadas.

Nun comunicado, a Xunta explicou que o alcatraz é unha ave mariña que nidifica no Atlántico norte, formando colonias de varios miles de parellas, e do que moitos exemplares novos migran cara ao sur e alcanzan augas subtropicais ou mesmo tropicais no oeste de África. Por iso, engadiu, nestes momentos estas aves atravesan as costas da Península Ibérica no comezo do seu paso migratorio para invernar cara a Mauritania e o Golfo de Guinea.

Nas súas zonas habituais de residencia no Atlántico norte, as autoridades sanitarias notificaron numerosos casos de gripe aviaria nesta especie, posible orixe dos casos detectados agora en Galicia, relacionados coa migración anual destas aves cara ao sur.

ALERTA

Por iso, aínda que as autoridades aseguran que os exemplares da especie afectada son de hábitos exclusivamente mariños e non se aproximan en condicións normais á costa, a Consellería do Medio Rural lembrou a necesidade de reforzar as medidas de bioseguridade nas explotacións avícolas, comerciais ou particulares.

Así, insiste en evitar o contacto con aves silvestres e intensificar a vixilancia de calquera signo de enfermidade tanto en explotacións avícolas como en aves silvestres. Neste caso, sinala a necesidade de notificar a sospeita aos servizos veterinarios oficiais da Consellería do Medio Rural ou á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

ÚLTIMAS

A Xunta pídelle a Caballero que evite “confrontacións estériles” sobre o Mundial

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta ao alcalde de Vigo, Abel...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...