InicioUnha ruta para descubrir as minas de ouro de Arbo e As...

Unha ruta para descubrir as minas de ouro de Arbo e As Neves

Os xacementos romanos persisten ocultos baixo a vexetación e o paso do tempo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia tiña ouro e os romanos levárono todo –que se saiba–. Un dos xacementos máis ricos do preciado mineral estaba na conca miñota do Condado-Paradanta, unha área na que as fisuras da intervención romana persisten sobre a orografía dos terreos; maquilladas, iso si, pola mesta vexetación e o paso dos anos.

Agora será posible coñecer máis de preto tal patrimonio histórico grazas á ruta que vén de anunciar o Concello de Arbo e que será presentada no Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Museo Arabo” o vindeiro 16 de abril ás 19:00 horas.

A iniciativa recibe o nome de “Ruta de las Minas de Oro Romanas junto al Rio Miño. As Neves y Arbo” e, compartida por ambos concellos, será presentada por Eduardo González Clavijo, autor dun díptico promocional da iniciativa. De acordo co Concello de Arbo, a xornada estará aberta o público “ata cubrir aforo”.

Segundo explican as mesmas fontes, a ruta das minas de ouro comeza na parroquia de Barcela do termo municipal de Arbo. “Con esta presentación pretendese por en valor as minas de Ouro de Barcela, e comezar así a andadura para poder recuperar este patrimonio”, inciden.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...