Ecoloxistas en Acción denuncia que o proxecto eólico Coto das Airas, que se desenvolverá nos municipios da Lama e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra; é unha ameaza para as turbeiras da Serra do Suído e esixen que se rexeite a actual avaliación ambiental que non ten en conta o impacto severo do proxecto sobre estes ecosistemas.
O proxecto do Parque Eólico Coto das Airas estará constituído por 11 aeroxeradores de 4,0 MW de potencia unitaria, sendo a potencia total a instalar de 44,0 MW. Estas infraestructuras proxectadas no parque eólico e as súas servidumes afectarán aos terreos, xa que serán usados como pistas de acceso de até 6 metros de anchura, ao ocupar Montes Veciñais en Man Común, ao existir bens patrimoniais protexidos, ao existir zonas de policía asociadas a leitos e ao existir zonas protexidas pola lexislación de conservación da natureza ou a reguladora de espazos naturais, flora e fauna.
Por outra parte, as 11 turbeiras húmidas de montaña que se atopan na Serra do Suído son incompatibles co parque eólico proxectado, tal como defende Ecoloxistas en Acción. “O emprazamento de dito parque eólico ten un alto valor natural e paisaxístico, estando clasificada como unha Área de Especial Interese Paisaxístico (AEIP), polo que pode concurrirun posible delito ambiental ao proxetarse sobre unha paisaxe protexida e verse afectada polo proxecto eólico”.
Dende Ecoloxistas en Acción advirten, ademais que a proximidade do proxecto “suporá un grave impacto sobre os espazos naturais protexidos da Rede Natura cercanos como o Río Tea, a Serra do Cando, a Serra de Pena Corneira e a Serra do Candán”. E o colectivo esixe Ecoloxistas á promotora que realice unha Avaliación das repercusións do proxecto sobre a Rede Natura anexa ao proxecto.
Por outra banda, Ecoloxistas en Acción sinala o impacto “moi severo” que pode ter o proxecto sobre o patrimonio cultural e arqueolóxico da Serra do Suido ao haber numerosos túmulos funerarios prehistóricos catalogados, petroglifos e outros xacementos no entorno.