InicioMedio Ambiente e PatrimonioUnha incendiaria collida "in fraganti" polos veciños en Nigrán

Unha incendiaria collida “in fraganti” polos veciños en Nigrán

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller foi collida “in fraganti” mentres tentaba prender lume a un monte no Concello de Nigrán. Así o anunciou José González, conselleiro de Medio Rural.

Foron os veciños os que sorprenderon a unha muller cando prendía lume” cunhas pastillas de acendido a pasada tarde, na parroquia de Parada, sinalou. Grazas á súa colaboración coas autoridades, esta suposta incendiaria tamén foi posta a disposición da Garda Civil. 

Tamén foi localizado e detido outro incendiario na Teixeira, no Incio, desta volta por traballadores contra incendios. O conselleiro en funcións puxo de relevo que estas dúas persoas foron sorprendidas grazas ao dispositivo de vixilancia e á concienciación cidadá para facer fronte aos lumes forestais. Nese sentido, lembrou que “temos un operativo superior ás 7.000 persoas sobre o terreo, que se apoia en cámaras de vixilancia nun 60% do territorio e no uso de drons”. 

Así mesmo, González recordou que existe un teléfono confidencial e gratuíto para dar conta de calquera actividade incendiaria: o 900 815 085. “Faremos que caia todo o peso da lei sobre estes delincuentes que poñen en perigo os bens e as persoas e queremos que saiban que os estamos vixiando por terra e por aire”.

Nesa liña, o conselleiro en funcións puxo de relevo que no que vai de ano “máis de 40 persoas foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica -coa colaboración dos axentes ambientais de Medio Rural-, como presuntas responsables de incendios forestais”. A maiores, os axentes ambientais da Consellería do Medio Rural e os da Policía Autonómica están realizando un seguimento a máis de 90 persoas por provocar lumes “para que ningún destes delincuentes quede impune”.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...