InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Centro Tecnolóxico do Mar, en Vigo, participa na plataforma de promoción...

O Centro Tecnolóxico do Mar, en Vigo, participa na plataforma de promoción da cultura oceanográfica europea

O proxecto procura a comprensión da influencia do océano sobre a vida das persoas e o impacto das persoas no propio océano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, con sede en Vigo, dependente da Consellería do Mar, está a participar como membro fundador na plataforma EU4Ocean, que desenvolverá a súa actividade vinculada co Foro Youth4Ocean e a Rede de Escolas Azuis Europeas co obxectivo de conectar e mobilizar as iniciativas relacionadas coa cultura oceanográfica

Neste grupo, o Cetmar achega a súa experiencia na difusión das ciencias do mar ao público en xeral e aos sectores marítimos e comunidades pesqueiras. Ao mesmo tempo, contribuirá a ligar a actividade da plataforma con outros proxectos, promovendo a conexión entre organizacións con actividade neste campo.

A plataforma céntrase en promover a cultura oceánica, a comprensión da influencia do océano sobre a vida das persoas e o impacto das persoas no propio océano e parte da premisa de que unha persoa con cultura oceánica “comprende a importancia do océano para a humanidade, pode comunicar sobre a mesma e ten a capacidade de tomar decisións informadas e responsables sobre o medio mariño e os seus recursos”, destaca a Xunta.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...