InicioMedio Ambiente e PatrimonioAbel Caballero presentará na clausura do Cume do Clima en Madrid o...

Abel Caballero presentará na clausura do Cume do Clima en Madrid o “modelo” de Vigo e o seu “apoio á ecoloxía”

O alcalde falará, entre outros aspectos, do modelo de recuperación do territorio, dun "plan de urbanismo verde" e mesmo da utilización de luces led.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, avanzou este xoves que participará na clausura do Cume do Clima en Madrid, e que trasladará o “modelo” da cidade e o seu “apoio á ecoloxía”.

Caballero explicou que, o próximo 13 de decembro, “se falará da cidade” na COP25 e darase a coñecer un modelo de recuperación do territorio, un “plan de urbanismo verde”, a utilización de luces led “practicamente en toda a cidade”, os carrís bici, zonas peonalizadas, etc.

O alcalde engadiu que, no marco dos retos dun goberno local “fronte ao cambio climático”, abordará tamén cuestións como a nova depuradora, a recuperación do río Lagares, “as praias impolutas” de Vigo, a recuperación dos humidais, ou a plantación de decenas de miles de árbores, tanto no centro urbano como nos parques forestais da cidade.

“Vigo caracterízase polo seu apoio á ecoloxía”, presumiu Abel Caballero, quen recalcou que o seu Goberno conseguiu “que non haxa nin un só gramo de vertedura de augas fecais á ría”, entre outros logros.

Ademais da presenza da cidade na COP25, recalcou, a Deputación de Pontevedra, presidida pola concelleira socialista viguesa Carmela Silva, tamén terá protagonismo na clausura do Cume. “A Deputación de Pontevedra participará a petición miña”, sinalou o alcalde.

ÚLTIMAS

A auxiliar Akwel Vigo estima en cen os despidos dentro do ERE anunciado para setembro

A empresa auxiliar de automoción Akwel Vigo estima nun centenar os despedimentos no marco...

O PP de Vigo reclama retirar a Medalla da cidade a Pardo de Vera

O PP de Vigo volveu a pedir este mércores que se retire a Medalla...

Rescate aéreo dun mariñeiro enfermo a máis de 200 km da costa galega

O Servizo de Gardacostas de Galicia evacuou este martes ao tripulante dun palangreiro galego...

O BNG acusa a PSOE e PP de buscar a “morte por inanición” da Mancomunidade de Vigo

O BNG denunciou este mércores que PSOE e PP buscan "a morte por inanición"...