InicioMedio Ambiente e PatrimonioAlegan "mal tempo" para suspender a celebración do Samaín na Illa de...

Alegan “mal tempo” para suspender a celebración do Samaín na Illa de San Simón

A Naviera Piratas de Navia di que non houbo presións pero Iniciativa Galega pola Memoria atribúe a cancelación á "marea de indignación".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A naviera Piratas de Nabia cancelou a celebración de Samaín prevista para este xoves na illa de San Simón, segundo confirmaron fontes da empresa, que puntualizaron que a suspensión do evento débese “unicamente” ás malas condicións meteorolóxicas previstas.

O anuncio da celebración desta festa desatou as críticas de colectivos pola memoria histórica, que reclamaron á Xunta que prohibise o uso dese espazo (que albergou a miles de presos represaliados polo franquismo ao longo de varios anos) como un “parque de atraccións”.

Piratas de Nabia explicou que as malas condicións meteorolóxicas foron o motivo da cancelación, que será notificada aos clientes, como se fai “habitualmente” cando se suspende unha viaxe en barco polo mal tempo. Así mesmo, incidiron en que a autorización que a Xunta lles deu para celebrar Samaín en San Simón non foi revogada.

“SATISFACCIÓN”

Mentres, Iniciativa Galega pola Memoria mostrou a súa “satisfacción” por esta decisión e, a pesar do que alega a empresa, atribuírona á “marea de indignación democrática” xerada tras anunciarse unha actividade “totalmente irrespetuosa coas vítimas, as súas familias e a sociedade en conxunto”.

Este colectivo reiterou a súa petición de que San Simón se converta nunha “Illa da Memoria”, cun plan de usos e actividades adecuados á súa historia como campo de concentración franquista.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...