InicioMedio Ambiente e PatrimonioVigo Histórico presenta un recurso que atrasará as obras do túnel de...

Vigo Histórico presenta un recurso que atrasará as obras do túnel de Porta do Sol

O recurso presentado ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia solicita a anulación do acordo de xunta de goberno que adxudicou a obra por considerar que provén doutro acordo, o do pasado 3 de maio, cando deron luz verde ao proxecto e que, segundo os recorrentes, non se axusta a Dereito.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As obras de peonalización da Porta do Sol, que inclúen a construción dun túnel para soterrar o tráfico, atrasaranse “uns días”, segundo explicou este venres o alcalde de Vigo, Abel Caballero, pola interposición dun recurso ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia.

Nunha rolda de prensa, o rexedor confirmou a presentación deste recurso por parte de (entre outros) a Asociación pola Defensa de Vigo Histórico, á que se referiu como “asociación pola defensa das casas duns poucos”, que “cren que a cidade é deles e queren manter os seus privilexios”.

Caballero atribuíu esta medida ao intento desa “pretendida asociación” de “paralizar o progreso de Vigo”, e augurou que fracasarán nese intento porque o goberno municipal “non ten dúbida” de que o procedemento para aprobar o proxecto e licitar a obra “foi ben feito”.

“Hai xente que se caracteriza polo seu desexo de obstaculizar a cidade, por ir en contra de todo”, proclamou o alcalde, quen sinalou que algunhas das persoas que están detrás desta asociación con ese nome “pretencioso” coinciden coas doutros colectivos que se opuxeron a outras actuacións.

Por outra banda, o alcalde confirmou que esta obra, que se adxudicou á UTE Civis Global-Gevora por 13,4 millóns, obrigará a cambios no aparcadoiro de Policarpo Sanz. Así, “durante un tempo” ese aparcadoiro terá 13 prazas menos, que logo “se recuperarán”.

RECURSO

O recurso presentado ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia solicita a anulación do acordo de xunta de goberno que adxudicou a obra (o pasado 26 de setembro) por considerar que provén doutro acordo, o do pasado 3 de maio, no que se deu luz verde ao proxecto e que, segundo os recorrentes, é non se axusta a Dereito.

Así, sosteñen que o proxecto, tal e como foi deseñado, non se pode executar, porque os planos utilizados “non reflicten a realidade construtiva das edificacións” da zona pola que iría o túnel. A ese respecto, denunciaron que non se fixeron catas estruturais e que, polas características do subsolo, habería un “grave e inminente risco de derrube dos edificios afectados”.

Así mesmo, sinalaron que tampouco se cumpriron os requirimentos legais no proceso de licitación, porque non se xustifica adecuadamente a necesidade desta actuación. Unha actuación que, por outra banda, non ten encaixe no PEPRI do Casco Vello. segundo afirmaron.

Finalmente, no recurso apuntan que a obra non cumpre os obxectivos recolleitos no regulamento dos fondos FEDER (a reforma da Porta do Sol se financie con fondos da UE), e que é contraria ás políticas ambientais impulsadas desde Bruxelas, porque ao contrario de suprimir o tráfico no centro da cidade, increméntao.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...