InicioMedio Ambiente e PatrimonioAutorizadas as expropiacións para executar unha senda peonil e ciclista na PO-441,...

Autorizadas as expropiacións para executar unha senda peonil e ciclista na PO-441, en Salceda de Caselas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello da Xunta autorizou o decreto polo que se dispón a urxente ocupación de bens e dereitos necesarios para executar unha senda peonil e ciclista na PO-411, á altura de Parderrubias, no Concello de Salceda de Caselas.

A actuación conta cun orzamento autonómico duns 900.000 euros, no que se inclúe o pago aos titulares dos 94 predios necesarios para executar esta actuación. Doutra banda, autorizouse o convenio entre a Consellería de Infraestruturas e os municipios de Caldas, Cuntis e Morana polo que Augas destina preto de 400.000 euros do canon de explotación do encoro do Umia, ao financiamento de accións educativas e sociais neste tres municipios dos concellos.

O Consello tamén deu luz verde ao cambio de titularidade a favor do Goberno galego de varios tramos da estrada provincial DP-7310, no Concello de Ribeira, como accesos á AG-11, ademais da transferencia ao Concello de Bueu do tramo á estrada EP-1306, que comunica os núcleos da Portela a Ermelo.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...