InicioMedio Ambiente e PatrimonioXunta e Uvigo alíanse para crear unha ferramenta que identificará refuxios climáticos...

Xunta e Uvigo alíanse para crear unha ferramenta que identificará refuxios climáticos nos concellos

O responsable do proxecto, Pedro Orgeira, manifestou que se busca establecer unha metodoloxía que sexa aplicable a calquera concello galego, para que se poida "determinar dunha forma sinxela, cun dispositivo portátil, cales son as illas de calor e cales as zonas que poidan ser refuxios climáticos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Universidade de Vigo e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun proxecto de acción contra o cambio climático que inclúe o deseño dunha metodoloxía para elaborar mapas de calor, así como a localización de refuxios climáticos nos concellos galegos, atendendo ás necesidades de biodiversidade. A titular deste departamento, Ángeles Vázquez, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa, foron os encargados de asinar o convenio que terá como obxectivo avanzar na creación de zonas verdes e “contribuír a elevar o benestar da cidadanía”, neste campo a nivel local.

A responsable autonómica explicou que a finalidade última deste acordo, cun orzamento de preto de 40.000 euros no marco do plan estatal Pima Refuxios Climáticos, é dotar aos municipios de “información e procedementos claros” para que poidan crear “contornas amables e adapten as súas zonas urbanas coa aposta por máis espazos naturais e menos infraestrutura gris”. Deste xeito, desenvolverán un proxecto de acción contra o cambio climático para que as entidades locais identifiquen, no seu ámbito de actuación, cales son as illas de calor, é dicir, as zonas con temperaturas máis altas do concello, e cales os refuxios climáticos, as máis frescas e verdes que poidan ser empregadas pola poboación en episodios de elevadas temperaturas; así como tamén as zonas de preservación da biodiversidade.

“Este convenio é para nós transcendental”, asegurou a conselleira de Medio Ambiente, que puxo de relevo o impacto da climatoloxía na calidade de vida das persoas. Así pois, destacou a transcendencia de contar con refuxios climáticos que axuden a paliar estas situacións, ofrecendo lugares frescos e zonas de sombras para acoller á poboación máis vulnerable. “Galicia quere ser un refuxio climático e para ser un refuxio climático ten que haber unha metodoloxía”, afirmou Vázquez, que defendeu que o deseño destes refuxios climáticos necesita “un enfoque integral” que teña en conta a adaptación dos ecosistemas e a mellora da calidade de vida da cidadanía. Por todo iso, agradeceu o labor dos profesionais da Universidade de Vigo, que se encargarán de plasmar os coñecementos científicos e técnicos en métodos concretos cos que ofrecer estas solucións.

O responsable do proxecto, Pedro Orgeira, manifestou que se busca establecer unha metodoloxía que sexa aplicable a calquera concello galego, para que se poida “determinar dunha forma sinxela, cun dispositivo portátil, cales son as illas de calor e cales as zonas que poidan ser refuxios climáticos”. Coa ferramenta resultante manifestou que todo concello poderá realizar un mapa para localizar estas zonas, que estarán a disposición tanto dos veciños como de calquera visitante. Orgeira desexou que este deseño “sexa o punto inicio” para unha segunda fase na que “ampliar e mellorar o grao de detalles”, incorporando mesmo imaxes de satélites ou información capturada sensorialmente por drones. Así as cousas, a responsable autonómica celebrou que con este convenio “Galicia continuará á vangarda na loita contra o cambio climático”, ao ofrecer información estruturada e localizada xeograficamente para identificar estas zonas en momentos de episodios adversos.

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...