InicioMedio Ambiente e PatrimonioAbren dilixencias previas por verteduras da cidade deportiva do Celta tras denuncias...

Abren dilixencias previas por verteduras da cidade deportiva do Celta tras denuncias ecoloxistas

As verteduras estarían indo a augas das que beben veciños de Mos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 2 de Vigo notificou a Ecoloxistas en Acción a apertura de dilixencias previas para investigar a vertedura contaminante procedente de Afouteza, a cidade deportiva do Real Club Celta de Vigo. Tal como informaron os ecoloxistas, o auto xudicial é anunciado varias semanas despois de que a organización interpuxese unha denuncia solicitando que se abrisen dilixencias penais contra o clube por delito contra o medioambiente e contra a saúde pública, xa que a vertedura das instalacións de Mos está vertendo residuos sobre mananciais das traídas veciñais das parroquias de Tameiga, Petelos e Sanguiñeda.

No seu día, os ecoloxistas entregaron ao xulgado os resultados dunha analítica da vertedura que reflicte “unha altísima concentración de feces e tamén a presenza de varios compostos químicos asociados aos pesticidas e fertilizantes habitualmente utilizados no coidado e mantemento dos campos de fútbol”. “A vertedura contaminante procedente de Afouteza é claramente un delito contra os recursos naturais ao ambiente, pero tamén un delito contra a saúde pública. A poucos metros, ladeira abaixo, atópanse varios mananciais das traídas de auga que corren un grave risco de contaminarse, se non o están xa”, engadiu Ecoloxistas en Acción.

“Desde que tivemos coñecemento da contaminación puxemos toda a información a disposición do Concello de Mos, pero o goberno local non actuou para atallar este problema, sabendo que ladeira abaixo se atopan varias captacións de auga das que beben gran parte dos veciños de Mos”, lamentou o coordinador do grupo local de Ecoloxistas en Acción, Xaquín Pastoriza.

ÚLTIMAS

A Xunta pídelle a Caballero que evite “confrontacións estériles” sobre o Mundial

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta ao alcalde de Vigo, Abel...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...