InicioMedio Ambiente e PatrimonioConfírmase a restauración do Templo Votivo do Mar en Panxón

Confírmase a restauración do Templo Votivo do Mar en Panxón

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, confirmou este luns que as obras estarán concluídas no primeiro semestre de 2025.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, confirmou este luns que as obras de restauración do Templo Votivo do Mar, en Panxón, Nigrán estarán concluídas no primeiro semestre de 2025.

Así o trasladou durante unha visita ao templo, na que estivo acompañado pola directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez, e na que lembrou que a Xunta acaba de licitar os traballos por máis de 360.000 euros, aos que se engaden os custos de traballos previos, ata un orzamento total de máis de 430.000 euros. As obras están destinadas a emendar as patoloxías causadas polo paso do tempo no inmoble, obra do prestixioso arquitecto Antonio Palacios.

Para levar a cabo a intervención, explicou José López Campos, os técnicos da Xunta supervisaron a elaboración do proxecto, realizado con metodoloxía BIM (Building Information Modeling) a partir do modelo en 3D do edificio.

Tras detectar as deficiencias e patoloxías que afectan a templo, especialmente ás vidreiras, rosetones e forxados da torre, a Xunta “pon en marche o proceso para iniciar as obras de restauración” que “permitirán garantir o gran valor histórico e artístico” deste ben cultural, localizado ao pé do Camiño portugués de Santiago pola costa.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...