InicioMedio Ambiente e Patrimonio(Vídeo) A Confederación Hidrográfica investiga o vertido da cidade deportiva do Celta...

(Vídeo) A Confederación Hidrográfica investiga o vertido da cidade deportiva do Celta tras a denuncia de Ecoloxistas en Acción

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este martes, representantes de Ecoloxistas en Acción, xunto con membros das traídas de auga veciñais afectadas e da Comunidade de Montes de Tameiga, que conforman a plataforma A auga é vida, reuníronse na sede da Confederación Hidrográfica Miño – Sil co Presidente do organismo de bacia e co seu Comisario de auga.

Previamente á reunión, Ecoloxistas en Acción trasladoulle á Confederación os resultados da análese do vertido procedente das instalacións deportivas do Celta. Unha recollida de mostras e informe realizado por un laboratorio recoñecido polo Ministerio.

Segundo a entidade ecoloxista, os resultados da análese reflicten que o vertido da cidade deportiva do Celta contén unha concentración de 3600 ufc/100 ml de Coliformes totales cando o máximo permitido é 100, contén 1700 ufc/100 ml de Enterococos e tamén de Estreptococos cando o máximo permitido é 100, e tamén superan a concentración de coliformes fecais e  Escherichia coli en varias magnitudes el máximo permitido. Na reunión, a Confederación anunciou a apertura dun expediente para investigar a vertedura procedente da cidade deportiva do Celta. A Confederación confirmou que descoñecía o vertido e que este carece de autorización.

Ecoloxistas en Acción únese a plataforma A auga é vida na solicitude ao Concello de Mos para que se clausure de forma inmediata a vertedura contaminante procedente de Afouteza e que está poñendo en risco os manaciais das traídas de auga veciñais que están a poucos metros ladeira abaixo do foco de contaminación. A organización ecoloxista resta validez a calquera analítica do vertido feita tras a denuncia pública, xa que o Celta, alertado, deixara de verter fecais polo emisario. 

Ecoloxistas en Acción fai un chamamento a manifestarse o sábado 1 de xuño diante da sede do Celta para esixir a o cegado do emisario de fecais da Afouteza. A organización ecoloxista, xunto coa plataforma A auga é vida, convocan esta concentración ante as graves consecuencias que pode carrexar a continuidade deste vertido ilegal, xa que de alcanzar a contaminar as captación das traídas, estes pozos terían que ser clausurados, o que afectaría a miles de fogares en Mos.

ÚLTIMAS

Fernando Franco: O último gran cronista da vida viguesa

Vigo quedou un pouco máis gris, un pouco menos elegante. Coa partida de Fernando...

Médicos de Atención Primaria éncerranse no centro de saúde Olimpia Valencia de Vigo para esixir negociación coa Xunta

Un grupo de médicos de Atención Primaria encerrouse este luns pola tarde nas instalacións...

Sindicatos denuncian que o Sergas quere modificar sen negociación as condicións do persoal de terapias do Chuvi

A Comisión de Centro da área sanitaria de Vigo denunciou este luns que a...

Abel Caballero oponse ao proxecto de vivenda protexida da Xunta no Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, opúxose este luns ao proxecto da Xunta de...