InicioMedio Ambiente e PatrimonioNova xornada en Hío: machetas e un par de luvas para atallar...

Nova xornada en Hío: machetas e un par de luvas para atallar os gromos de eucalipto e previr incendios

PUBLICADO O

- Advertisement -

Continuando co compromiso de acadar un patrimonio natural de máis calidade na nosa contorna, e co gallo do primeiro aniversario da vaga de lumes que aconteceu nos montes das Rías Baixas, o Furatoxo organiza unha nova xornada de eliminación de especies invasoras o vindeiro domingo 28 de outubro.

Nesta ocasión incidirán nunha das máis letais e estendidas no noso monte: o eucalipto. A superficie que ocupan as plantacións de eucaliptos en Galicia non deixa de aumentar ano tras ano, xerando un impacto moi forte sobre a biodiversidade do territorio.

O monocultivo desta especie, unido á ausencia de coidados e podas na superficie rasa, provoca a acumulación de materia combustible e a propagación máis rápida dos incendios. O lugar elixido para esta xornada é Xan Carneiro (ao pé do Outeiro Batente) nunha parcela cedida pola Comunidade de Montes do Hio (Cangas) á cooperativa Pouso da Serra para súa posta en valor e produción.

Contra o eucalipto/ A.C. O Furatoxo

A parcela en cuestión foi talada uns meses atrás, mais xa é necesaria unha nova acción para atallar os gromos de eucalipto que volven ocupar o terreo. A actividade estará guiada por compoñentes dos colectivos convocantes e contará co asesoramento e supervisión do compañeiro David Álvarez Graña, técnico de medio ambiente e forestal e naturalista local que leva anos desenvolvendo actividades de estudio e divulgación do patrimonio natural da comarca do Morrazo.

Xunto aos membros da cooperativa Pouso da Serra será o encargado de realizar o labor de monitor das persoas participantes. Convocan ás interesadas ás 10.30h da mañá nas Porteliñas (no alto do Hío entre as aldeas de Donón, Vilanova, Pinténs e Igresario) no lugar que ocupa actualmente a nave provisional da cooperativa Pouso da Serra.

Contra o eucalipto/ A.C. O Furatoxo

Para desenvolverse correctamente nesta iniciativa será necesario portar machada, machado ou macheta e un par de luvas. Esta xornada de eliminación de especies invasoras trátase da segunda actuación deste tipo que organiza O Furatoxo coa colaboración da cooperativa Pouso da Serra e a Comunidade de Montes do Hio.

A finais do mes de maio, antes da temporada estival, realizaron outra actividade de voluntariado ambiental a prol da conservación do litoral. Nesa ocasión retiraron acacia nas dunas de Nerga e contou coa participación de numerosas veciñas e veciños da parroquia.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...