InicioMedio Ambiente e PatrimonioConstitúese a plataforma "Vigo verde -Salvemos a Barrorca" para rexeitar a talla...

Constitúese a plataforma “Vigo verde -Salvemos a Barrorca” para rexeitar a talla da Carballeira de Casaliños en Navia

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Este mesmo domingo 17 de marzo, a plataforma “Vigo verde -Salvemos a Barrorca” organiza da man do Colectivo Cova a súa primeira protesta, unha acción artística de participación cidadá na Carballeira de Casaliños para amosar o seu rexeitamento á posible corta desta carballeira.”, sinala Xaquín Pastoriza, coordinador de Ecoloxistas en Acción Vigo, entidad integrante da plataforma.

Carballos, salgueiros, loureiros e amieiros constitúen un bosque aluvial situado no barrio da Barroca, que estaba contemplados como espazo verde na aprobación inicial do PXOM e pasaron a ser considerados como equipamento na aprobación provisional que fixo o concello de Vigo o pasado 28 de decembro, cando xa non se podían presentar alegacións e a veciñanza de Navia se entera pola prensa da posible construción nese espazo do proxecto VIGO-ARENA.

A plataforma, recén creada, tilda de irresponsable e de dubidosa legalidade que se destrúa a paisaxe natural e as poucas zonas verdes que xa quedan en Navia. A esta queixa engaden a dubidosa protección dos humedais de Fontes Pertegueiras incompatible coa dimensión proxectada do VIAL e da rotonda xigante e aérea que se pretende construír na Avenida de Europa.

Desde a plataforma demandanan outro modelo de crecemento que contemple o aproveitamento do chan xa construído e en estado de abandono no centro da cidade, en troques de recorrer sistematicamente a destrución de zonas forestais, a protección das masas arbóreas existentes tan necesarias para a regulación do clima (lembramos que Vigo foi expulsada de cidades polo clima) e outras funcións ambientais como a regulación da calidade do ar que respiramos e a preservación do hábitat para moitas especies así como a necesaria conservación dos últimos humidais na contorna de Samil, a mobilidade sostible e a non duplicidade de infraestruturas.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...