InicioMedio Ambiente e PatrimonioEcoloxistas en Acción Vigo alerta da alta presenza de dióxido de nitróxeno...

Ecoloxistas en Acción Vigo alerta da alta presenza de dióxido de nitróxeno arredor dos centros educativos

A organización ecoloxista denuncia que todos os colexios mostreados superan o valor límite marcado pola OMS, chegando a cuadriplicalo nalgún caso.

PUBLICADO O

Ecoloxistas en Acción Vigo presenta un informe que reflicte os niveis de dióxido de nitróxeno (NO2) na contorna inmediata de 18 centros educativos repartidos pola cidade de Vigo A organización ecoloxista denuncia que todos os colexios mostreados superan o valor límite marcado pola OMS, chegando a cuadriplicalo nalgún caso. Nin siquera cumplen os centros ubicados no rural e afastados de vías de alta capacidade.

Ecoloxistas en Acción realizou unha análise dos niveis de dióxido de nitróxeno (NO2) na contorna inmediata de 18 centros educativos repartidos pola cidade de Vigo. Para o estudio seleccionáronse centros de educación primaria e secundaria situados tanto en vías con gran densidade de tráfico motorizado como en entornos afastados de vías de alta capacidade e con pouca exposición aos contaminantes emitidos polos vehículos.

A Campaña de medición realizouse entre xaneiro e febreiro mediante a colocación de dous dosímetros na contorna dos centros escolares e os resultados analíticos foron proporcionados por un laboratorio público acreditado. O método utilizado para a determinación das concentracións de NO2 é mediante captadores pasivos de xeometría plana. Esta técnica está establecida como método indicativo pola Directiva 2008/50/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de maio de 2008, relativa á calidade do aire ambiente e a unha atmósfera máis limpa en Europa, podendo complementar as medicións fixas.

Ecoloxistas en Acción alerta que todos os puntos muestreados pasan amplamente a referencia da guía anual da OMS para exposicións de longa duración (10 µg/m3), e 13 dos 18 centros educativos a estudo superaron así mesmo a guía diaria da OMS para exposicións de curta duración (25 µg/m3). As peores situacións observáronse nas contornas dos centros educativos do IES Coruxo, IES Santa Irene, CEIP Balaidos,CEIP Afonso R Castelao, CEIP Vicente Risco e no CEIP Ramón y Cajal. Neste último o valor superou incluso os 40 µg/m3.

O informe deixa patente que a calidade do aire nos centros educativos da cidade de Vigo non é axeitada, prexudicando a saúde da poboación escolar. A organización ecoloxista lembra que a poboación infantil é especialmente sensible á contaminación atmosférica, debido á súa elevada frecuencia respiratoria, á súa maior exposición no ambiente exterior á inmaturidade dos seus sistemas respiratorio e inmunitario, sendo o NO2 un activo inmunodepresor. Por iso é moi importante avaliar as súas concentracións nas contornas escolares, onde a poboación infantil e adolescente pasa boa parte da súada súa vida.

“A contamización por NO2 lévase todos os anos a vida de moitos vigueses e viguesas. Segundo un estudo realizado por ISGlobal no ano 2015 en Vigo se estiman máis de 200 mortes anuais por este contaminante” recalca Cristóbal López, voceiro de Ecoloxistas en Acción.

Como resultado deste traballo extráense as seguintes conclusións principais:

1. O tráfico motorizado é o principal responsable da calidade do aire urbano, e en particular da contaminación por NO2, debido a que a poboación vive moi próxima ao tráfico rodado, polo que a súa contribución á exposición humana en cidades é determinante. Os niveis máis altos de NO2 alcánzanse na contorna das principais vías de tráfico das aglomeracións urbanas e as súas áreas metropolitanas.

2. É fundamental reducir a contaminación atmosférica nas cidades, xa que a mesma causa cada ano milleiros de mortes anuais en España por exposición ao dióxido de nitróxeno, as partículas en suspensión e o ozono, segundo demostran os estudos máis recentes publicados polo Instituto de Saúde Carlos III de Madrid (ISCIII) e o Instituto de Saúde Global de Barcelona (ISGlobal).

3. Resulta necesaria unha substanciosa mellora da información sobre a calidade do aire que respiramos, en particular na contorna dos centros educativos e outros centros sensibles, complementando a proporcionada polas estacións oficiais de medición con mapas de distribución e con campañas de medición específicas, como as realizadas por Ecoloxistas en Acción, que deberían estar a desenvolver as administracións públicas.

“Existe unha clara correlación entre os niveis de contaminación por NO2 e as contornas educativas analizadas con máis tráfico, podendo por tanto nelas atribuír a orixe principal deste contaminante á emisión de gases de combustión de vehículos de motor, de maneira coherente cos estudosrealizados sobre tráfico e calidade do aire. En contraste, as contornas escolares con mellor calidade do aire corresponden a espazos peonalizados ou con baixa circulación de automóbiles, demostrando que a marxe de mellora é moi elevado” sinala Ana Díaz coordinadora da campaña de muestreado do ar.

Ecoloxista en Acción subliña que é necesario que o concello de Vigo tome medidas para promover sistemas de mobilidade como o tránsito peonil, a bicicleta e o transporte público que restrinxan o tráfico motorizado urbano co fin de disminuir a contaminación que se deriva do mesmo. E medidas en concreto par reducir a contaminación nas vías perimetrais aos centros escolares, como: priorizar o transporte público, compartido, en bicicleta e peonil, creando corredores de acceso libres de coches; limitar o aparcamento e o tráfico nas rúas da contorna e, moi especialmente, nas inmediacións das entradas aos centros.

A organización ecoloxista embra que Vigo segue sen cumprir a obrigación legal de que todas as cidades de máis de 50.000 habitantes implanten antes de 2023 zonas de baixas emisións para reducir a circulación de vehículos contaminantes é unha oportunidade de mellora da calidade do aire e a vida cidadá que debe aproveitarse. Para concienciar da grave situación, el grupo de Vigo de Ecoloxistas en Acción leva varias semanas cunha exposición itinerante e realizando charlas ao alumnado polos colexios de Vigo.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...