InicioMedio Ambiente e PatrimonioA alcaldía de Bueu presenta na Delegación da Xunta unha queixa pola...

A alcaldía de Bueu presenta na Delegación da Xunta unha queixa pola súa “mala xestión” da velutina

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, entregou esta mañá na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, un oficio no que se alerta da “mala xestión” da vespa velutina por parte do ente autonómico. Así, xunto ao escrito, acompáñanse varias instancias de veciños e
veciñas alertando deste problema.

O Concello solicita que por parte da Consellería de Medio Rural se asuman as competencias en materia de retirada da vespa velutina e se comprometa unha loita máis eficaz contra esta problemática socio-ambiental.

Así mesmo, incídese en que a Xunta debería levar a cabo unha campaña máis incisiva e global, e realizar unha xestión máis eficiente, dadas as dimensións desta lacra.

Como antecedentes, tal e como se recolle no escrito da alcaldía, é preciso lembrar que
na vila de Bueu no 2014 a retirada dos niños era realizada por parte da administración
autonómica ata que o Concello asinou o Convenio de Concello Colaborador, polo cal se
lle proporcionaron traxes e unha pértega para a retirada dos niños (a cal en moitos dos
casos non chegaba e tíñase que utilizar a dos Concellos limítrofes).

Dita retirada realizábase mediante ese convenio en colaboración cos membros de AGA – Morrazo, pero dado que este ano estes voluntarios rexeitaron seguir a realizar estes traballos de forma voluntaria coa colaboración económica e medios do Concello, o Concello deuse de baixa como colaborador, polo que este verán a Xunta tivo que asumir de novo a
retirada.

É preciso detallar que o Concello asumiu cos recursos propios unha campaña de
trampeo na que se repartiron 125 trampas co seu líquido correspondente e realizáronse
diferentes charlas nas aldeas e parroquias para informar desta problemática socio –
ambiental e implicar á cidadanía na prevención e loita.

Así mesmo, a nivel comarcal, traballouse na coordinación cos concellos de Cangas,
Moaña ou Vilaboa chegando a ter unha reunión na Delegación da Xunta en Pontevedra
reclamando máis implicación e colaboración por parte da administración autonómica,
que é a que conta con medios humanos e económicos.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...