InicioMedio Ambiente e PatrimonioOs bañistas da Guarda xa saben canto tarda en desaparecer unha botella...

Os bañistas da Guarda xa saben canto tarda en desaparecer unha botella de cristal: 4000 anos

PUBLICADO O

- Advertisement -

As praias guardesas de Area Grande e O Muíño, ámbalas dúas con bandeira azul, acolleron esta fin de semana dúas actividades medioambientais destinadas ao fomento de boas prácticas nas praias do municipio.

Para este fin, e en coordinación coa concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda,
o sábado 8 de setembro a Praia marítima da Area Grande acolleu a primeira destas
actividades para concienciar aos bañistas de cal é a duración real dos residuos que se verten nas nosas praias.

Sorprendeu nesta xornada a alta participación, amosando os bañistas un grande interese por esta actividade e por coñecer canto tardan en desaparecer do noso medioambiente os diferentes elementos que alí se amosaron.

A segunda actividade realizouse na xornada do domingo día 9 de setembro na Praia do
Muíño, onde a través de varios obxectos, e en modo de xogo, os participantes puideron
descubrir por exemplo canto tempo tarda en desaparecer unha botella de cristal, ou unha cabicha, entre un total de 12 produtos.

Os participantes destas dúas xornadas medioambientais víronse moi sorprendidos, por
exemplo, co tempo que tarda en desaparecer unha «palliña» das que se empregan para os refrescos, que pode tardar ata 200 anos en descompoñerse, ou unha botella de cristal, que pode tardar ata 4000 anos.

Por este motivo é preciso facer que a xente saiba os tempos que tardan en desaparecer
estes residuos do noso medio ambiente, para concienciar sobre outros usos, reciclaxe,
emprego de papeleiras e contedores, entre outros, para entre todos, manter as nosas
praias e contribuír ao mantemento do noso medioambiente.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...