InicioCulturaO Festival de Cans entrega o Pedigree de Honra á actriz María...

O Festival de Cans entrega o Pedigree de Honra á actriz María Vázquez

Vázquez revela na "máxima distinción" en Cans a Luís Zahera, que recibiu o premio o pasado ano.

PUBLICADO O

Festival de Cans entregará, na súa edición deste ano que se celebrará entre o 21 e o 25 de maio, o seu Premio Pedigree de Honra á actriz María Vázquez. Vázquez estivo nomeada ao Goya á Mellor Actiz este ano polo seu traballo en ‘Matria’, unha película pola que recibiu en 2023 a Biznaga de Ouro á mellor actriz do Festival de Málaga.

Segundo informou a organización do festival, a concesión do galardón foi decidida pola asemblea de Asociación Cultural Arela e, desta forma, Vázquez revela na “máxima distinción” en Cans a Luís Zahera, que recibiu o premio o pasado ano. María Vázquez é unha das actrices galegas “máis destacadas” da súa xeración e, “a pesar da súa mocidade”, xa conta cunha “longa traxectoria” de 25 anos no cinema español, con participación en preto de 20 filmes. Ademais da concesión do premio, María Vázquez colocará a súa estrela no ‘Torreiro das Estrelas de Cans’ o venres 24 de maio.

ÚLTIMAS

Stellantis anuncia que venderá coches eléctricos chineses desde Vigo

O conselleiro delegado de Stellantis, Carlos Tavares, anunciou este martes que a 'joint venture'...

A “tensión” entre os socios remata con Atunlo en concurso de acredores

A conserveira galega Atunlo presentou este martes no Xulgado do Mercantil número 3 de...

Dous mozos, detidos a pasada fin de semana por senllos episodios de violencia de xénero

Dous mozos foron detidos esta pasada fin de semana en Vigo tras producirse dous...

Luz verde ao contrato de emerxencia do transporte sanitario urxente da área viguesa, mentres se tramita o concurso

O consello da Xunta deu luz verde este luns á contratación, por procedemento de emerxencia, do servizo...