InicioCulturaO Festival de Cans viaxa ao estranxeiro

O Festival de Cans viaxa ao estranxeiro

Comeza o venres en Caminha un periplo internacional que o levará por varias cidades europeas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival de Cans comezará este venres en Caminha un periplo de proxeccións internacionais que o levará por varias cidades europeas ao longo dos próximos meses.

Coa colaboración do histórico cineclub Locus Cinemae de Caminha, unha selección dos curtos premiados na última edición do Festival de Cans, poderán verse este venres a partir das 22,30 horas no Teatro Valadares.

Con entrada gratuíta, e co apoio da Cámara Municipal de Caminha, o público poderá acceder á proxección de dúas das obras de cineastas galegos que máis expectación levantaron nos últimos meses, e que tamén foron premiadas en Cans.

En Caminha proxectaranse as obras ‘Rompente’ de Eloy Domínguez, Premio do xurado no Festival de Cans, e ‘Sycorax’, de Lois Patiño e Matías Piñeiro, premio á mellor realización e premio á mellor fotografía para Mauro Herce.

Esta será a primeira dunha serie de proxeccións que o Festival de Cans está a preparar nun periplo internacional por varias cidades europeas. Varios dos curtos premiados na última edición de Cans serán exhibidos nos próximos meses en cidades como Lisboa, Bruxelas, París ou Londres.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...