InicioSociedadeVigo supera a barreira dos 4.000 casos activos de Covid

Vigo supera a barreira dos 4.000 casos activos de Covid

Aumentan a tres os pacientes Covid en UCI --dous máis--, mentres descenden a 58 os hospitalizados noutras unidades --12 menos--.

PUBLICADO O

Os novos contaxios de Covid-19 repuntaron en Galicia ata os 2.557, polo que seguen por encima dos 2.000 desde o 16 de marzo; mentres que ascenden a 22.649 os casos activos –implican 1.393 máis que a xornada anterior–, e as hospitalizacións por este coronavirus increméntanse a 448 –cinco máis–. Pola súa banda, a taxa de positividade disparouse ao 15,9 por cento no conxunto de Galicia.

Segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do mércores, recollidos por Europa Press, aumentan a 23 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –cinco máis– e mantéñense 425 hospitalizadas en unidades convencionais –sen cambios–, mentres que 22.201 pacientes se atopan en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o xoves 17de marzo– había 376 hospitalizados, deles 26 en críticos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en tres das sete: Vigo, Santiago-Barbanza e Lugo; mentres que aumenta nas outras catro: A Coruña-Cee, Ourense, Ferrol e Pontevedra-Salnés. En concreto, na área de Vigo aumentan a tres os pacientes Covid en UCI –dous máis–, mentres descenden a 58 os hospitalizados noutras unidades –12 menos–.

MÁIS DE 22.600 CASOS

Os casos activos ascenden por terceira xornada consecutiva en Galicia ata situarse nos 22.649, que representan 1.393 máis que a xornada anterior ao haber máis contaxios (2.557) que altas (1.160), ao que se engaden catro falecementos. Hai unha semana –o xoves 17 de marzo– había 20.127 infeccións activas.

O incremento é xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas, coa da Coruña e Cee á cabeza (+298), seguida da de Vigo (+277), Santiago e Barbanza (+257), Lugo (+173), Ferrol (+147), Pontevedra e O Salnés (+131) e Ourense (+114). Deste xeito, con máis infeccións activas segue a área da Coruña e Cee, con 4.772; seguida da de Vigo, con 4.232; Santiago e Barbanza, con 3.747; Lugo, con 2.726; Ourense, con 2.543; Pontevedra-O Salnés, con 2.396; e á cola mantense a de Ferrol, con 2.137.

Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade este pasado martes 22 de marzo, a incidencia acumulada a 14 días en Galicia ascende a 903,49 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media estatal se reduce a 436,54.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...