InicioVigo e contornaMos"Yo le doy pa'lante, baby, tú solo dale pa'trá'"... As letras machistas...

“Yo le doy pa’lante, baby, tú solo dale pa’trá'”… As letras machistas do rapeiro Kaydy Cain

O Concello de Mos e os grupos do PSdeG, Compostela Aberta e BNG de Santiago rexeita a actuación deste rapeiro nas salas Queen e Capitol.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Yo le doy pa’lante, baby, tú solo dale pa’trá’, Mami, déjale caer to’ el peso, Y juega con mi muñeco” ou “Follo puta’, no trabajo y fumo weed”… Son parte das letras do polémico rapeiro Kaydy Cain que ten previsto dar un concerto este xoves na sala Capitol de Santiago e o día 11 na sala Queen, de Mos.

A concellaría de Políticas de Igualdade do Concello de Santiago, así como os grupos municipais de PSdeG, Compostela Aberta e BNG, manifestaron xa a súa repulsa a este concerto. Consideran que as letras das súas cancións son “vexatorias e denigrantes para as mulleres”. “Estamos en contra de calquera cultura audiovisual e musical, como neste caso, que agrede violentamente ás mulleres e a súa dignidade”, indican nun comunicado conxunto.

Así, nun comunicado conxunto, os tres grupos lembran que o Concello de Santiago  traballou sempre en prol da igualdade e está declarado libre de violencias machistas. “Amosamos a nosa disconformidade coa celebración de calquera tipo de acto sexista no que se faga apoloxía do machismo”, indican. Polo tanto posicionanse en contra deste concerto, e esixen o máximo respecto para a figura das mulleres en todo tipo de actos públicos e privados.

Tamén o pleno do Concello de Mos rexeitou a súa actuación nunha sala privada do municipio o vindeiro sábado. Tamén o Colectivo Feminista de Pontevedra emitiu un comunicado de repulsa polo concerto. Non é a primeira vez que este rapeiro está envolto na polémica. De feito, foi acusado de violación e abusos a mulleres a través das redes sociais e memso hai creada unha conta en Instagram  (@habrajusticia) onde se reúnen varias acusacións, todas anónimas, que xa suman un total de seis.

ÚLTIMAS

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...