InicioVigo e contornaO PorriñoLindano no Porriño: o silencio das administracións ante un material canceríxeno

Lindano no Porriño: o silencio das administracións ante un material canceríxeno

Ecoloxistas en Acción denuncia a falta de medidas de todas as administracións para atallar un problema que vén do século pasado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O lindano, un dos elementos máis contaminantes presentes na historia do medio galego, podería seguir afectando á área do Porriño. Así o veñen de apuntar dende a plataforma Ecoloxistas en Acción, que vén de lanzar un estudo sobre este composto contaminante no que aseguran que “segue sendo o presente dun legado tóxico”.

A ollos da plataforma, as conclusións do informe mostran a necesidade de “incrementar a vixilancia e establecer medidas de redución e eliminación” deste perigoso tóxico. Porén, a tónica imperante na xestión do composto segue a ser o “abandono da situación”, cando menos no caso galego, un dos máis afectados a nivel estatal por este químico tóxico e volátil que décadas atrás se empregaba como insecticida.

Ecoloxistas en Acción apunta directamente a varias das administración responsables da limpeza deste composto. Así, aseguran que despois de décadas de contaminación “a Xunta nin sequera cumpriu co prometido”, xa que carece aínda dun estudo exhaustivo do estado do solo nas parroquias porriñesas máis afectadas polo lindano esparexido por Zeltia a mediados do século pasado, entre 1947 e 1964.

Tamén gardan algún dardo para o Concello do Porriño, ao que afean ser “incapaz tan sequera de participar en Lindanet, o programa europeo para a descontaminación dos territorios afectados”. Non se salva tampouco o Ministerio para a Transición Ecolóxica. Denuncian, neste aspecto, que o seu organismo de cunca, a Confederación Hidrográfica do Miño – Sil permanece “impasible” ante a altísima concentración deste tóxico canceríxeno nas augas da súa competencia que, segundo a plataforma, reflicten o seus propios informes.

RECLAMAN ACCIÓNS “URXENTES”

De aí que a organización ecoloxista reclame á Xunta de Galicia, ao Concello de Porriño e a Confederación Hidrográfica do Miño – Sil accións “urxentes” que reduzan a exposición a un contaminante que “pon en grave risco a saúde humana, causando, á súa vez, unha considerable deterioración no medio ambiente”.

ÚLTIMAS

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...