InicioVigo e contornaMosUnha moza de Mos, peregrina 50.000 deste ano tras percorrer o Camiño...

Unha moza de Mos, peregrina 50.000 deste ano tras percorrer o Camiño Portugués da Costa

Recibiu unha certificación como peregrina 50.000 do ano e un libro e unha medalla do Ano Santo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

María Pilar Acuña, unha moza de Mos que percorreu o Camiño Portugués da Costa e que realizaba o Camiño de Santiago por segunda vez, converteuse este xoves na peregrina número 50.000 deste ano en Galicia.

O vicepresidente primeiro da Xunta e responsable autonómico de Turismo, Alfonso Rueda, recibiuna no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, ao que chegou cun grupo do proxecto Camiño Verde, unha proposta da ONG Acción Solidaria de Galicia que forma parte do programa ‘O teu Xacobeo’.

María Pilar Acuña recibiu a súa Compostela e a certificación como peregrina 50.000 do ano, así como un libro e unha medalla do Ano Santo. O proxecto Camiño Verde partiu o pasado 6 de xullo da Guarda e percorreu máis de 160 quilómetros do Camiño Portugués da Costa.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...