InicioSociedadeA Xunta informa agora de sete falecidos por Covid na residencia de...

A Xunta informa agora de sete falecidos por Covid na residencia de Mos que morreron en novembro

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informou da morte de sete persoas pola Covid-19 na Residencia Doral de Mos. Unha confirmación que chega semanas despois de producirse os falecementos, que tiveron lugar na segunda quincena de novembro.

A xustificación da Xunta é que se comunican agora “logo de validarse que faleceran por covid-19“. Entre os mortos están tres homes de 92, 98 e 94 anos e catro mulleres de 98, 91, 85 e 93 anos.

A Xunta tamén informou da morte doutra persoa por covid nas últimas horas na Área Hospitalaria de Vigo. Trátase dun homede 86 anos. En total, e sumando os falecidos da Residencia Doral, en total o número de mortos este luns ascendeu a 16 persoas.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...