InicioSucesosUnha fuga de gas en Porriño obriga a desaloxar varias naves no...

Unha fuga de gas en Porriño obriga a desaloxar varias naves no polígono da Granxa

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha fuga de gas, provocada pola rotura dunha tubaxe, obrigou a desaloxar varias naves de empresas do polígono da Granxa, no Porriño, aínda que non ocasionou danos persoais.

Segundo informou o CIAE 112, os feitos tiveron lugar na tarde deste luns, cando un dos traballadores do polígono alertou a emerxencias de que unha escavadora que facía obras nesa zona causara a rotura dunha tubaxe e había unha fuga de gas.

O 112 Galicia deu aviso aos Bombeiros do Baixo Miño e á Policía Local, así como a Protección Civil e á empresa subministradora para que localizase e reparase a avaría. Até o lugar tamén se desprazaron efectivos da Garda Civil, que tiveron que regular o tráfico en varias vías dos arredores.

Os bombeiros lograron controlar a fuga sobre as 19:40 horas, e ás 21:30 horas os técnicos da empresa deron por reparada a avaría. Finalmente, non foi necesaria a intervención dos equipos de emerxencias médicas (que estaban avisados por se tivesen que actuar), xa que non se produciron feridos.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...