InicioSociedadeMos promove unha app coa que estar informado 24 H, comunicar incidencias...

Mos promove unha app coa que estar informado 24 H, comunicar incidencias ou propoñer medidas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Mos ten xa en funcionamento e con centos de usuarios unha nova aplicación móbil municipal chamada “Mos Informa-BANDOMOVIL”. Esta iniciativa está promovida pola concellería mosense de Novas Tecnoloxías que dirixe o edil Óscar Soto, para que a veciñanza estea informada as 24 horas do día de calquera aviso ou información emitida dende o Concello.

Á a súa vez, esta ferramenta dispón dun servizo de comunicación directa de incidencias, propostas e consultas municipais, de modo que os/as veciños/as usuarios/as da mesma poidan enviar comunicacións sobre a caída dun arbol, mal estado de beirarrúas, molestias por ruídos, etc… Así como propostas de mellora que queiran facer, e ademais recibirán todo tipo de información de eventos.

Bandomóvil / Concello de Mos

Soto explicou a este respecto que “debido a que hoxe en día o uso do móbil está tan estendido, esta aplicación terá unha utilidade sinxela, e de grande alcance para tódolos usuarios que se decidan e se animen a instalala e utilizala nos seus dispositivos”.

O obxectivo,engade, é que “toda a veciñanza estea informada de forma instantánea de todo o que suceda no municipio; ao tempo que sexa unha ferramenta que promova a interactividade entre a administración local e o seus habitantes promovendo a cercanía e a mellora dos servizos e prestacións municipais”.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...