InicioCulturaO Festival de Cans bate a súa marca de curtametraxes inscritas, con...

O Festival de Cans bate a súa marca de curtametraxes inscritas, con 255 producións galegas

A organización segue buscando patrocinadores a través da campaña 'Apadriña un jalpón'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival de Cans, que se desenvolverá do 22 ao 25 de maio, bateu este ano de novo a súa marca de curtametraxes inscritas nas seccións oficiais a concurso, con 255 producións galegas, fronte ás 252 da anterior edición.

Así, a organización informou de que recibiu 85 curtametraxes de ficción, 49 de non ficción, 12 obras de animación e 87 videoclips. Así mesmo, inscribíronse outras 22 obras en diferentes formatos que, nalgúns casos, comporán as diversas seccións paralelas do festival.

O comité de selección das obras deberá valorar ‘curtos’ de artistas galegos asentados non só de Galicia, senón tamén procedentes de lugares como Madrid, Barcelona, Valencia, Inglaterra, Estados Unidos ou Italia. A organización explicou que baralla ampliar o número de pezas a concurso na sección ‘Furacáns’ (non ficción), debido ao “gran éxito” do pasado festival.

No que respecta aos videoclips, nesta edición do Festival de Cans presentáronse obras de moi diversos estilos e para músicas que van desde o hip-hop, ata o pop, pasando por música electrónica, rock, folck ou trap.

Por outra banda, a organización segue buscando patrocinadores a través da campaña ‘Apadriña un jalpón’, que desenvolve a asociación Arela (promotora do festival), para que empresas asocien a súa marca a un dos ‘jalpóns’ onde se realizan as proxeccións do Festival de Cans.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...