InicioMedio Ambiente e PatrimonioA viaxe de Chus Lago a Siberia, compromiso ecoloxista e feminista

A viaxe de Chus Lago a Siberia, compromiso ecoloxista e feminista

O cambio climático e o machismo, dous grandes inmigos de Compromiso por la Tierra

PUBLICADO O

- Advertisement -

Chus Lago atravesará un lago xeado de Siberia para alertar sobre o cambio climático. A alpinista viguesa, Chus Lago, lidera unha expedición a un lago de Siberia a finais deste mes cun dobre obxectivo: ser a primeira expedición de mulleres en atravesalo e concienciar sobre o desxeo das rexións polares.

Esta aventura enmárcase dentro do proxecto “Compromiso coa Terra”, que aspira a completar 1.500 km de travesía sobre xeo en distintas fases. É a terceira viaxe deste proxecto, despois de Laponia en 2016 (200 km.) e o casquete polar de Barnes, en Canadá, en 2017 (190 km.).

A data de saída está prevista para o día 29 de xaneiro e a expedición terá unha duración de seis semanas. A idea central de “Compromiso pola terra”, proxecto ideado polo propia Lago, é mostrar a fraxilidade das rexións polares, froito do desxeo orixinado polo cambio climático mundial, aproveitando o poder mediático da alpinista e o desafío deportivo para evidenciar ante a sociedade a necesidade de medidas fronte o cambio climático.

Chus Lago, primeira muller española en facer cume en Everest sen osíxeno artificial hai 20 anos, foi tamén a primeira deportista española en alcanzar o Polo sur en solitario nunha travesía que durou 59 días.

Comprimiso por la Tierra/ MARTA G. BREA.

Nesta ocasión, irá acompañada de dous alpinistas de recoñecido prestixio: Verónica Romero e Rocío García. Verónica Romero é atleta e montañista, campioa de diversos campionatos, e xa participou xunto a Chus Lago nas expedicións de 2016 e 2017. Pouco despois da súa chegada da illa de Baffin, foi recoñecida cunha homenaxe no seu pobo natal, Mos.

Rocío García é cardióloga e alpinista. Esta gaditana coroou algúns dos cumes máis elevados de Nepal, Perú ou China, e esta será a súa segunda expedición xunto a Chus Lago. Con este equipo, “Compromiso por la tierra” asume o reto de concienciar á sociedade sobre o papel da muller no deporte, mostrando a importancia do liderado feminino e demostrando a súa valía en competencias tan esixentes e duras como unha travesía por terras xeadas.

ÚLTIMAS

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...

Un operativo antidrogas en dúas casas de Vigo, unha delas okupada, remata con tres detidos

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo desarticularon un punto negro de venda...

Peinador opera “con normalidade” a pesar da folga de controladores

Os aeroportos de Vigo e da Coruña operan "con normalidade" este venres a pesar...