InicioEconomíaVigo, a cidade onde menos creceu o aluguer

Vigo, a cidade onde menos creceu o aluguer

En Galicia subiu máis dun 5%.

PUBLICADO O

O prezo da vivenda en aluguer en Galicia subiu un 5,1% durante o ano 2022, ata alcanzar os 7,7 euros por metro cadrado, segundo o último informe publicado polo portal inmobiliario Idealista.

Esta web sinalou nun comunicado, difundido este xoves, que o dato galego contrasta coa media estatal, que mostra unha subida do 8,4%, o que deixa o metro cadrado en 11,4 euros.

As catro provincias galegas rexistraron un comportamento alcista no prezo dos alugueres de vivenda, encabezado por Ourense, que experimentou un aumento do 14,4%. Séguenlle as provincias de Lugo (10,8%), A Coruña (5,4%) e Pontevedra (2,3%).

Ademais, Lugo mantense como a provincia máis barata de Galicia, con 5,9 euros mensuais por metro cadrado, seguida de Ourense, con 6,3 euros. A máis cara é Pontevedra (8,9 euros por metro cadrado), seguida pola Coruña, con 7,4 euros.

DATOS POR CIDADES

De forma máis detallada, durante os últimos 12 meses o prezo da vivenda en aluguer subiu un 15,9% en Ourense e un 9,5% en Santiago. Mentres, Vigo é a cidade na que menos se notou o comportamento alcista dos prezos, xa que o encarecemento sitúase no 1%.

Aínda así, Vigo mantense como a cidade galega máis exclusiva, con 9,2 euros o metro cadrado, en contraste con Lugo, a máis económica, co metro cadrado a 6,2 euros.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...