InicioEconomíaEmpresarios de Pontevedra piden non subir salarios polo "competitivo mercado laboral" de...

Empresarios de Pontevedra piden non subir salarios polo “competitivo mercado laboral” de Portugal

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP) pediu “moderación” na subida do Soldo Mínimo Interprofesional (SMI), en liña coa formulación da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) e da Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (Cepyme). Nun comunicado, os empresarios pontevedreses apelaron ao “efecto territorio”, lembrando o “competitivo mercado laboral” de Portugal.

“Non podemos deixar de ter presente que Pontevedra e Galicia colindan cun mercado laboral moi competitivo cun SMI por baixo do mil euros, como é Portugal, e isto ten un impacto directo sobre a contratación, por non mencionar que o tecido produtivo galego está composto de pemes nun 99,5%, fronte a outras provincias con maior presencia de multinacionais”, subliñou o presidente da CEP, Jorge Cebreiros.

Por iso, desde a organización apoian a decisión adoptada pola CEOE, que acordou trasladar ao Ministerio de Traballo a súa aposta pola “moderación salarial” para favorecer o crecemento económico e a creación de emprego.

“Desde a CEP insistimos en que a recuperación foi desigual por sectores e unha subida excesiva prexudicaría a conservación do emprego. No caso de Galicia, ademais, debe terse presente a presión á que están sometidas as empresas co anuncio da subida da peaxe na AP-9, un ano máis”, engadiu Cebreiros.

ÚLTIMAS

Acampada pola Vivenda de Vigo destaca a boa acollida da veciñanza: “traen comida e outros materiais”

A Acampada pola Vivenda de Vigo mantense na Praza de Compostela da cidade e,...

Cargos de Vox critican o “acoso” que sofren e van á Acampada de Vigo a buscar bulla

Vox denunciou este mércores os "episodios de violencia" que tiveron que sufrir nos últimos...

O BNG denuncia os salarios “estratosféricos” que propón o goberno de Caballero

O BNG de Vigo mostrou este mércores a súa oposición á subida do 5,5%...

Caballero pide reunirse xa con Xunta e Deputación sobre o financiamento do Mundial e esta pídelle coñecer proxectos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a insistir en pedir un encontro coa...