InicioEconomíaZona Franca de Vigo crea un espazo de colaboración entre empresas e...

Zona Franca de Vigo crea un espazo de colaboración entre empresas e o terceiro sector que aposta pola sustentabilidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

Consorcio Zona Franca de Vigo reuniu este venres na cidade olívica ás principais organizacións do terceiro sector e empresas punteiras en responsabilidade social empresarial nunha xornada pioneira co obxectivo de xerar un espazo de colaboración que sirva de modelo para pór sobre a mesa propostas pola sustentabilidade.

Segundo informou Zona Franca nun comunicado, máis dun centenar de persoas seguiron o seminario ‘A responsabilidade social empresarial como estratexia de cooperación entre actores’. Nel, participaron membros das empresas Nova Pescanova, Vegalsa Eroski e Jealsa, así como das organizacións Unicef, Rede polo Emprego Conect@ Vigo, Amencer Aspace, Banco de Alimentos e o Instituto para o Crecemento Sustentable da Empresa.

Durante o acto, o delegado de Zona Franca de Vigo, David Regades, sinalou que “traballando unido o terceiro sector, as empresas, a academia e a universidade pódese contribuír a xerar un impacto maior sobre o territorio”.

Regades tamén subliñou que “a responsabilidade social está a converterse nun elemento estratéxico de moitas empresas“. “Na man temos a capacidade de realizar accións concretas que contribúan á consecución da Axenda 2030, a folla de ruta marcada por Nacións Unidas”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...