InicioEconomíaAdif anuncia melloras na conexión ferroviaria Guillarei-Valença

Adif anuncia melloras na conexión ferroviaria Guillarei-Valença

Di que realizará reformas na estación de Tui.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Adif renovará a infraestrutura e a vía do tramo Estación de Guillarei-Fronteira portuguesa, pertencente á liña Guillarei-Valença do Minho, co obxectivo de mellorar a conexión ferroviaria entre España e Portugal.

Segundo explica o ente público nun comunicado, o proxecto inclúe a explanación, limpeza e regularización de cunetas e noiros, a execución de muros de dique, actuacións de reparación e reforzo en diferentes pasos inferiores e a execución dun muro de contención nalgúns puntos do trazado complementados coa aliñación de ancoraxes do muro entre outros.

Tamén se actuará na estación de Tui, que quedará adaptada para o servizo internacional de viaxeiros e o estacionamento de trens de mercadorías de 750 metros de lonxitude.

Unha das obras previstas en Tui é a prolongación e renovación da plataforma para mellorar a accesibilidade dos viaxeiros. Tamén se creará unha nova plataforma lateral alén das vías e para a comunicación entre eles realizarase un paso inferior, incluíndo un percorrido libre de obstáculos con alternativa sen chanzos.

Estes traballos serán realizados pola UTE integrada por Dragados e Tecsa Empresa Construtora. Con esta actuación, Adif destinou un total de 33,7 millóns de euros de investimento na mellora da conexión ferroviaria entre España e Portugal.

ÚLTIMAS

A UVigo rompe a baralla: dá por “morto” o acordo coa USC e acelera o Grao de Medicina

A Universidade de Vigo segue avanzando nos trámites para solicitar o Grao de Medicina...

Ratificado o convenio que resucita o Teatro Fraga: 20,8 millóns para o seu gran retorno

O Goberno galego aprobou na súa reunión semanal o convenio de colaboración coa Deputación...

A Audiencia ratifica a prisión do violador de Travesía de Vigo tras fuxir a República Dominicana

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ratificou este...

O BNG demanda a retirada da cruz de O Castro en Vigo para “reparar a memoria democrática”

O BNG esixiu este luns a retirada da cruz de O Castro de Vigo,...