InicioEconomíaA Xunta adxudica máis de 108.000 metros cadrados na Plisan a dúas...

A Xunta adxudica máis de 108.000 metros cadrados na Plisan a dúas empresas

Trátase de Lonza Biologics Porriño S.L. e Plataforma Loxística Plisan, S.L. É a maior adxudicación de chan nesta área empresarial ata o momento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xuntaadxudicou un total de 108.544,48 metros cadrados de chan na Plataforma loxística e industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan) ás empresas Lonza Biologics Porriño S.L.Plataforma Loxística Plisan, S.L.Trátase da maior adxudicación de chan nesta área empresarial ata o momento.

En ambos os casos, as parcelas foron adxudicadas en dereito de superficie, unha modalidade que permite ás empresas acceder ao chan a cambio do pago dun canon reducido anual e coa posibilidade de adquirir a parcela durante os primeiros anos a prezo bonificado.

En concreto, á empresa Lonza Biologics Porriño S.L. adxudicáronselle 4 parcelas, cunha superficie total de 101.899,61 metros cadrados, que destinará á fabricación de produtos farmacéuticos, cunha nave de produción de 20.000 metros cadrados e un investimento de 200 millóns de euros, que permitirá crear ao redor de 200 postos de traballo.

O prezo de venda das parcelas supera os 5,42 millóns de euros, pero ao tratarse dunha adxudicación en réxime de dereito de superficie a empresa abonará un canon anual de 0,80 euros por metro cadrado de chan durante os dous primeiros anos, o que supón un total de 81.331,17 euros ao ano. Nos anos terceiro e cuarto o canon será de 1,33 euros por metro cadrado (135,551,96 euros anuais) e, a partir do quinto ano, o canon será de 1,86 euros por metro cadrado (189.772,74 euros ao ano).

No que respecta a Plataforma Loxística Plisan, S.L.adxudícaselle unha parcela de 6.644,87 metros cadrados, que teñen un prezo de venda de 476.503,66 euros. A empresa destinará a parcela a envasado e conservación en frío de alimentos frescos como peixe, marisco, cefalópodos, carne, vexetais, alimentos precocinados e sobremesas. Prevé un investimento de máis de 2,2 millóns de euros e acreación de 8 empregos.

O canon que abonará a empresa polo dereito de superficie será de 1,08 euros por metro cadrado e ano durante os dous primeiros anos (7.147,55 euros ao ano). Durante os anos segundo e terceiro o canon será de 1,79 euros por metro cadrado (11.912,59 euros ao ano) e no quinto e seguintes anos o canon será de 2,51 euros por metro cadrado (16.677,63 euros ao ano).

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...