InicioEconomíaA obra do ascensor 'Halo' comezará en verán

A obra do ascensor ‘Halo’ comezará en verán

O Concello de Vigo deu luz verde á licitación pública do proxecto de construción por 12,6 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu luz verde este venres á licitación pública do proxecto de construción do ascensor ‘Halo’, por 12,6 millóns de euros, cun prazo de execución de 12 meses e coa previsión de que os traballos poidan iniciarse este verán.

Así o confirmou o alcalde da cidade, Abel Caballero, nunha rolda de prensa na que explicou que se trata dunha “obra de gran envergadura”, cunha tramitación e execución “complexas”, e que é “un fito na forma de entender a cidade”.

O prezo de licitación recollido no prego é de 12,67 millóns de euros, un investimento superior á anunciada inicialmente porque, segundo repetiu o rexedor, encareceuse no proceso de elaboración do proxecto técnico e polo incremento de prezos de materiais como o vidro e o aceiro.

O ascensor ‘Halo’ unirá a zona de García Barbón (á altura das torres situadas fronte ao cruzamento con Serafín Avendaño) coa estación de Vialia e Vía Norte. O elevador ascenderá a 50 metros de altura, ata unha plataforma circular que sobrevoará a autoestrada AP-9 e unirase mediante unha plataforma co complexo intermodal.

Abel Caballero subliñou que a obra conta con case 6 millóns de euros concedidos “polo Goberno de Pedro Sánchez”, en referencia aos fondos do Mitma para zonas de baixas emisións, e procedentes da UE.

A outra metade do custo será sufragada polo Concello, aínda que o rexedor non descarta achega económica da Deputación de Pontevedra ou optar a outras axudas. Así mesmo, o mantemento da infraestrutura farase con cargo ás arcas municipais, aínda que Caballero precisou que se trata dun gasto “menor”.

“Axiña que empezo a funcionar van vir a velo de todos os lugares do mundo, igual que sucede coas ramplas da Gran Vía. É un fito da enxeñaría no mundo”, proclamou.

ÚLTIMAS

Bombeiros de Bueu e helicóptero salvamento dende Viveiro para acudir a un rescate en montaña en Gondomar

O grave accidente dun escalador no monte do Galiñeiro este domingo volveu poñer en...

Traballadores de Iberconsa mobilízanse en Vigo para esixir un convenio propio que mellore o marco estatal

O malestar laboral trasládase ás portas do sector do mar en Vigo. Traballadores de...

Atopan morta a unha persoa na piscina dunha vivenda en Redondela

O 112 informou este luns de que foi localizado o corpo sen vida dunha...

Alfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que 7.800 persoas decidiron cambiar a súa...