InicioEconomíaZona Franca de Vigo ofrécese a buscar emprazamentos provisionais para as empresas...

Zona Franca de Vigo ofrécese a buscar emprazamentos provisionais para as empresas afectadas polo incendio de Mos

O lume calcinou a pasada fin de semana cinco naves no polígono industrial do Rebullón.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O consorcio Zona Franca de Vigo ofreceuse a estudar a posibilidade de atopar emprazamentos provisionais para as seis empresas afectadas polo incendio que a pasada fin de semana calcinou cinco naves no polígono industrial do Rebullón, en Mos.

Este luns, o delegado de Zona Franca de Vigo, David Regades, remitiu unha carta ao presidente da Asociación de Empresarios de Mos (Aemos), Manuel Castro, para manifestar a súa solidariedade polo sucedido.

Na misiva, mostra a súa disposición para estudar localizacións provisionais para que as empresas afectadas “poidan retomar a súa actividade” na medida do posible.

Tamén ofrece ás compañías “calquera apoio que estea en mans” do consorcio, como a inxección de liquidez a través da empresa de capital risco Viego Activo.

“Ofrézoche analizar todas as posibilidades que estean ao noso alcance para tratar de minorar os efectos do parón tras esta traxedia”, recalca Regades na súa carta.

Cinco naves calcinadas nun incendio nun polígono de Mos

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...