InicioEconomíaA depuradora da Moscadeira será ampliada cun investimento de 11,7 millóns de...

A depuradora da Moscadeira será ampliada cun investimento de 11,7 millóns de euros

A actual falta de capacidade fai que se produzan verteduras ao río Tea.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia, Aguas de las Cuencas de España (Acuaes) e o Concello de Ponteareas asinaron este venres un acordo para a execución da ampliación da depuradora da Moscadeira e a mellora do saneamento deste concello cun investimento conxunto de 11,7 millóns de euros.

En concreto, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, rubricou o convenio de colaboración coa directora de Acuaes, Rosa Cobo, e a rexedora de Ponteareas, Cristina Fernández.

O Executivo autonómico investirá 2,3 millóns de fondos propios para o financiamento do proxecto. O resto do orzamento, ata completar os 11,7 millóns, virán dos fondos europeos consignados polo Estado e das tarifas que nos próximos anos abonarán os usuarios.

A actuación ten por obxectivo a mellora do saneamento do núcleo de Ponteareas e os seus arredores, e a ampliación da capacidade da actual depuradora, mellorando ademais o rendemento do proceso de depuración mediante a eliminación de nutrientes.

“Desta maneira, solucionaranse os dous problemas que actualmente se producen con infiltracións na rede de colectores pola falta de capacidade, que fai que se produzan verteduras ao río Tea, e a existencia dunha depuradora que traballa ao límite da súa capacidade en época estival e presenta deficiencias no seu funcionamento”, indicou o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Pola súa banda, Ethel Vázquez puxo o foco en que aínda que as competencias de abastecemento, saneamento e depuración son municipais, a Xunta é “consciente” de que o exercicio eficaz destas responsabilidades ten implicacións técnicas e económicas que desbordan as capacidades dos concellos.

ÚLTIMAS

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...