InicioEconomíaA Mindtech abre as súas portas no Ifevi pensando na recuperación do...

A Mindtech abre as súas portas no Ifevi pensando na recuperación do sector do metal

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo un chamamento para que a industria aposte por unha "mirada de sustentabilidade" e pola achega que as mulleres poden facer ao sector. "A sociedade non se pode perder ese potencial e ese talentazo", advertiu.

PUBLICADO O

A feira da industria do metal e as tecnoloxías asociadas, Mindtech, abriu este martes as portas da súa segunda edición no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), co foco posto na recuperación postpandemia e co obxectivo de apontoar a súa posición como “escaparate” da industria no Polo Ibérico.

O acto de inauguración contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen puxo en valor que a pandemia de Covid “non acabou coa vontade do sector de recuperarse e seguir innovando”.

O titular do Executivo galego, que destacou que “é o momento e o lugar” de celebrar este evento, co proceso de vacinación avanzado e a incidencia da enfermidade á baixa, lembrou que a industria do metal e os seus sectores asociados son un “motor” da economía de Galicia.

Así, puxo como exemplos a automoción e o PERTE que o sector presentou “acompañado pola Xunta”; o sector naval, con pedidos este ano por valor de 750 millóns, “a pesar da crise dalgún estaleiro”; ou a industria aeroespacial, un sector “que emerxe” grazas a “empresas excelentes e persoais de altísimo nivel”.

Núñez Feijóo proclamou que Galicia vai aproveitar as “oportunidades” que se abrirán tras a crise sanitaria e os fondos europeos de recuperación, aproveitando ese “trampolín” para “reconstruír unha Galicia competitiva, dixital, innovadora e con emprego de calidade”.

MINDTECH 2021

A feira Mindtech 2021 mostrará en Vigo, ata o xoves, as potencialidades do sector industrial en ámbitos como a maquinaria, as tecnoloxías 4.0, a industria principal e auxiliar de automoción, a robótica, electricidade e electrónica, procesos produtivos, loxística e transporte, pinturas, subministracións, moldes e matrices ou industria aeroespacial, entre outros.

Nesta edición participan máis de 160 expositores e prevense mmiles de visitantes das industrias do metal máis punteiras. Así, a feira contará con empresas de países como Portugal, Colombia, México, Polonia, Grecia, Alemaña e Reino Unido, entre outros, así como actividades complementarias (talleres, xornadas e encontros de negocios).

No acto de inauguración, o presidente de Asime, Justo Sierra, destacou que esta cita será “fundamental” para impulsar un sector que está “adaptado aos retos” presentes e futuros; mentres que o responsable de Negocio de Abanca para Galicia, Asturias e León, Lino Comesaña, destacou que a industria do metal é un sector “á vangarda” e con “un alto valor engadido”.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo un chamamento para que a industria aposte por unha “mirada de sustentabilidade” e pola achega que as mulleres poden facer ao sector. “A sociedade non se pode perder ese potencial e ese talentazo”, advertiu.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avogou por aproveitar os fondos europeos “coa maior sabedoría posible” e puxo en valor o papel da cidade como referente industrial e de desenvolvemento económico. Así mesmo, o delegado de Zona Franca, David Regades, apuntou que a pandemia de Covid levou a reflexionar sobre a importancia de “reindustrializar Europa”.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...