InicioEconomíaStellantis Vigo volverá parar do 23 ao 29 de agosto por falta...

Stellantis Vigo volverá parar do 23 ao 29 de agosto por falta de microchips

Esta parada producirase só unha semana despois de que a factoría renovase a súa actividade despois das vacacións de verán.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta do grupo Stellantis en Vigo (antes PSA Peugeot Citroën) suspenderá a súa produción durante a próxima semana, do 23 ao 29 de agosto, segundo trasladaron fontes da empresa ao persoal, debido a problemas de aprovisionamento de compoñentes, que teñen a súa orixe na chamada ‘crise dos microchips’, agravada agora pola situación da pandemia de Covid en Malaisia.

Esta parada producirase só unha semana despois de que a factoría renovase a súa actividade despois das vacacións de verán. A empresa trasladou que a falta de semiconductores (microchips) mantense a nivel mundial e que a situación segue sendo “crítica”.

No caso de Malaisia, a crise sanitaria afecta á provisión dunha unidade de control electrónica que levan os coches fabricados en Vigo. O país asiático, que está a alcanzar cifras marca de contaxios diarios de Covid, decretou un peche case total e ten severas restricións que afectan o transporte e a outros sectores.

Estas xornadas de “non actividade” xestionaranse con arranxo aos mecanismos de flexibilidade establecidos. Así mesmo, espérase retomar a actividade o 30 de agosto, aínda que a empresa puxo a disposición do persoal o teléfono 900.717.273 para dar información actualizada aos traballadores sobre cando volverán á fábrica.

A dirección de Stellantis Vigo informou de que a “célula de crise” do grupo e os equipos do propio centro vigués traballan para “minimizar o impacto” desta situación, e pediron “comprensión” e “colaboración”.

As paradas na produción da fábrica foron constantes nos últimos meses, precisamente debido a eses problemas de subministración causados pola falta de semiconductores. De feito, a dirección e a maioría do comité de persoal pactaron a aplicación dun ERTE para paliar as consecuencias desas suspensións de actividade.

ÚLTIMAS

“Vigo ten unha oportunidade”: Louzán abre a porta ao Mundial de 2030 e anuncia unha visita a Balaídos

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, destacou este xoves...

Nova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu en que a Xunta...

“Non pode ser que sufran un dano importante”: Caballero esixe compensacións xustas para aos afectados polo Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu expresar este xoves o seu apoio aos...

“Que asinen mañá”: Caballero desafía a Rueda e á Deputación polo Mundial de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este xoves en que nin a Xunta...