InicioEconomíaA Xunta pide "que se aplique xa" a rebaixa da AP-9

A Xunta pide “que se aplique xa” a rebaixa da AP-9

"Non sei se as bonificacións da AP-9 van chegar antes ou máis tarde que a alta velocidade", ironizou a conselleira de Infraestruturas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, esixe que a rebaixa das peaxes da autoestrada AP-9 “se aplique xa“, posto que o Goberno central, en concreto o xa exministro de Transportes, José Luís Ábalos, comprometeuna para xullo.

Así se pronunciou no pleno do Parlamento, a preguntas do deputado do PP Diego Calvo, quen lamentou que “en xullo non vai ser”, polo afirmado este martes polo delegado do Goberno en Galicia, que as situou en agosto. Respecto diso, o popular engadiu que o mes que vén “xa se verá”.

“Os compromisos están para cumprirse”, advertiu a titular da consellería, antes de rexeitar que á comunidade sofre “outro incumprimento pola porta de atrás”.

Así, asegurou estar “cansos de esperar” ao escoitar “anuncios tras anuncios” do Goberno central. “Queremos feitos”, reivindicou, antes de incidir en que espera que o cambio á fronte do ministerio “non signifique postergar estas bonificacións”. “Non sei se as bonificacións da AP-9 van chegar antes ou máis tarde que a alta velocidade”, ironizou.

Ademais, sobre a transferencia da titularidade, subliñou que as bonificacións das peaxes da autoestrada “son compatibles” con ese traspaso.

ÚLTIMAS

Cazan ‘in fraganti’ tres ladróns cando tentaban asaltar unha vivenda no barrio vigués de Balaídos

A rápida intervención policial e a colaboración cidadá evitaron que se consumase un novo...

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...