InicioEconomíaFeijóo condiciona a axuda a Barreras á carga de traballo e a...

Feijóo condiciona a axuda a Barreras á carga de traballo e a que o Goberno “desembolse” o que pide o estaleiro

O presidente galego defende que a Xunta "estivo, está e estará a disposición dos estaleiros".

PUBLICADO O

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, condicionou a achega que o Goberno galego outorgue para “cofinanciar” ao estaleiro vigués Barreras a que este acredite carga de traballo e a que o Goberno (a través da SEPI) “desembolse” a cantidade que solicitou a empresa para ser viable.

Feijóo lembrou que a proposta do Goberno galego, que pasaría por achegar uns 8 millóns de euros, “é ben coñecida”.

Segundo salientou, a Xunta “desde sempre” tentou que o maior estaleiro privado de España “tivese carga de traballo e estivese en pé”, e lembrou que, cando o PP chegou ao Executivo galego, Barreras “estaba crebada, en concurso de acredores”. “Buscamos carga de traballo fóra, conseguiuse. Posteriormente, empezou a ter perdas significativas nalgún dos encargos e unha situación moi comprometida”, sinalou, en alusión á entrada de Pemex e aos posteriores problemas de sobrecusto nos contratos.

Núñez Feijóo tamén recalcou que “o primeiro” que fixo a Xunta foi activar unha liña de préstamos para as empresas auxiliares por 11 millóns de euros, que está practicamente esgotada, “e as auxiliares cobraron con cargo dos orzamentos dos préstamos da Xunta”.

CARGA DE TRABALLO

En referencia á actual situación do estaleiro, sen carga de traballo, insistiu en que a Xunta precisa que o novo dono da empresa (a filial de cruceiros de luxo de Ritz Carlton) “acredite carga de traballo” para poder cofinanciala cunha cantidade que se completaría co que Barreras solicitou ao fondo de solvencia da SEPI, uns 30 millóns de euros.

“Estamos simplemente para desembolsar a cantidade solicitada polo estaleiro, con dúas consideracións: que a SEPI poña a parte que o estaleiro lle solicitou e que o estaleiro acredite carga de traballo”, reiterou, e matizou que, desde o Goberno de España, tamén se reclama a garantía de carga de traballo para o futuro, “para que teña sentido esa inxección de préstamos”.

Así as cousas, o presidente galego concluíu que o estaleiro vigués “non ten ningún problema coa Xunta, senón con que a SEPI desembolse a cantidade que estaba solicitada” e engadiu que “houbo unha administración que estivo, está e estará a disposición dos estaleiros, neste caso de Barreras, que é a Xunta”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...