InicioEconomíaO Concello de Vigo foi un dos que menos rebaixas aplicou para...

O Concello de Vigo foi un dos que menos rebaixas aplicou para combater a Covid, segundo a UVigo

Un estudo da Rede Localis sinala que as entidades municipais poden ter "un papel moi significativo" na reactivación económica

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os concellos e o catro deputacións galegas contan “cunha excelente saúde financeira”, o que lles permite ter “un papel moi significativo” ante a situación económica e social que provoca a pandemia da covid-19.

Así o constata un estudo elaborado pola Rede Localis, entidade xestionada polo grupo de investigación GES –Governance and Economics Research Network– da Universidade de Vigo (UVigo), que afirma que as entidades locais de Galicia gozan por tanto de “capacidade económico-financeira” para afrontar gastos que requiren o panorama actual.

Trátase do 16º informe do Observatorio Municipal Galego, a través do cal os expertos destacan que os concellos, especialmente os das sete cidades, “están chamados a desempeñar un importante papel complementario” xunto co Estado e as comunidades para relanzar a actividade económica, á parte de ser as institucións “máis próximas” aos cidadáns.

De feito, subliñan os expertos, esta “excelente saúde financeira” dos gobernos municipais e provinciais de Galicia é “algo que non se observa ao analizar as contas do resto de administracións públicas”.

MEDIDAS FISCAIS E AXUDAS DIRECTAS

Tanto ao longo do 2020 como ao comezo deste 2021, os concellos optaron non tanto por axudas directas senón por “medidas fiscais” para facer fronte á crise económica.

Principalmente, afirma o estudo, están baseadas na ampliación dos prazos para o pago de impostos e taxas, así como na introdución de exencións en tributos con maior repercusión no comercio, a hostalaría e no turismo, actividades máis castigadas pola covid.

Neste contexto, a Rede Localis suxire que, na liña marcada polo Ministerio de Facenda, a suspensión das regras fiscais amplíese ata o ano 2022. O grupo da UVigo tamén recomenda que as axudas de tipo tributario, aínda que son “necesarias”, deben ser “conxunturais e complementarias” con outras vías como a redución de trámites administrativos.

POR CIDADES

Por cidades, o estudo indica que os concellos de Ourense, Vigo e Pontevedra foron “os que menos rebaixas fiscais aplicaron” para combater os efectos da covid tanto en 2020 como en 2021. Pola contra, Santiago, A Coruña e Ferrol son as que máis apostaron por esta vía. En canto ás axudas directas, os que avogaron máis por esta solución foron Pontevedra, Santiago, Lugo e Ourense.

Pola súa banda, as deputacións optaron nunha maior medida por enfrontar a crise a través de axudas directas dado que non poden aplicar impostos, que son “unha importante vía de financiamento”.

ÚLTIMAS

A cocaína localizada nun colector portuario este martes estaba oculta nun dobre fondo: 520 quilos en 432 paquetes

Os máis de 500 quilos de cocaína localizados nas últimas horas nun colector no...

Caballero reta a Rueda a conseguir “do seu amigo” Luís Montenegro, primeiro ministro luso, o compromiso co AVE en 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en que o Goberno de España...

A Xunta defende o seu traballo na illa de San Simón logo das críticas do Concello de Pontevedra

A Xunta de Galicia reivindicou que "cumpre cos termos" da concesión demanial e do...

Un xulgado Social emite a primeira sentenza ditada en Vigo con uso do sistema de adaptación á lectura fácil

O Xulgado do Social número 2 de Vigo ditou unha sentenza pioneira na cidade ao utilizar...