InicioEconomíaO Concello anima os vigueses a consumir nos pequenos e medianos comercios...

O Concello anima os vigueses a consumir nos pequenos e medianos comercios dos seus barrios

O Concello porá en marcha unha campaña de promoción.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo porá en marcha unha campaña de promoción para apoiar o pequeno e mediano comercio, animando aos cidadáns a consumir nos negocios dos seus barrios porque “o que se gasta en Vigo queda en Vigo”.

Así o trasladou o alcalde Abel Caballero tras reunirse con responsables do sector. Explicou que esta campaña pretende pór en valor tres conceptos: “a confianza, a seguridade e a calidade” do pequeno e mediano comercio.

Para iso, divulgaranse mensaxes en medios de comunicación e tamén en cartelaría nos espazos públicos, con lemas como ‘Compra no comercio de Vigo. No comercio dá túa rúa, do teu barrio, atoparás o mellor’, ‘Confianza, seguridade e garantía’ ou ‘Todo ou que gastas queda en Vigo’.

Ademais da promoción publicitaria, o Concello prevé reforzar a súa mensaxe coa realización de actividades culturais e de dinamización nas diferentes zonas comerciais da cidade, “sempre con garantía COVID”, e facilitaranse os desprazamentos a estas áreas mediante o bus turístico.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...