InicioEconomíaO Concello inicia os trámites para modificar o Plan Especial de Bouzas...

O Concello inicia os trámites para modificar o Plan Especial de Bouzas e regularizar 24 parcelas

"A lei contempla unha excepción e cremos que aí entra a fachada marítima de Bouzas", sinalou Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo tomou coñecemento este martes da incoación do expediente para modificar o Plan Especial de Bouzas e regularizar a situación de 24 parcelas na fachada marítima deste barrio.

Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, quen explicou que esta actuación prevé regularizar a situación dunhas parcelas situadas en 4 mazás, entre a igrexa de Bouzas e a Urbanización Sotavento, ao amparo dunha disposición transitoria da Lei de Costas que xustificaría a excepcionalidade no que respecta ás edificacións.

Segundo lembrou o rexedor, a actual situación remóntase ao ano 2002, cando se aprobou o Plan Especial de Bouzas, que outorgou unha edificabilidade correspondente a unha zona de dominio portuario. En 2006, sendo Caballero presidente do Porto, se desafectou esa fachada marítima, que pasou á cidade e a ser de dominio público marítimo terrestre.

A partir dese momento, e coa aplicación da Lei de Costas, considérase que as construcións non poden estar a menos de 20 metros da liña de mar en chan urbano consolidado. “Pero a lei contempla unha excepción (nunha disposición transitoria), e cremos que aí entra a fachada marítima de Bouzas”, sinalou Caballero.

Por iso, o Concello modificará o Plan Especial para adaptalo ás consideracións recollidas na disposición transitoria. Neste proceso serán necesarios varios informes que haberá que pedir tanto á administración central como á Xunta.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...