InicioEconomíaO vicepresidente da Xunta responde a Caballero sobre o plan de axudas...

O vicepresidente da Xunta responde a Caballero sobre o plan de axudas a hostalaría: “O primeiro é que poña de acordo aos seus”

O alcalde de Vigo está disposto a participar dun plan conxunto cos Gobernos galego e central se os concellos xestionan a asignación dos fondos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, respondeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen se mostrou disposto a participar dun plan conxunto cos Gobernos galego e central para axudar á hostalaría se os concellos xestionan a asignación dos fondos, que “o primeiro que ten que facer é pór de acordo aos seus”.

Agora sae dicindo que si, pero a Deputación que preside unha concelleira do seu concello acaba de dicir que non, que de ningunha maneira e que non están dispostos a pór un só euro para a hostalaría”, subliñou.

“Que se poñan de acordo porque os hostaleiros necesitan axuda e necesítana xa”, sentenciou Rueda, quen aludiu ao plan de rescate impulsado pola Administración galega, do que “xa está ingresada a práctica totalidade das contías”.

Agora, agregou, é preciso continuar axudando a este sector, un dos que sufriu un maior impacto polas restricións derivadas da loita contra a pandemia.

“Pedíronnos que nos xuntásemos todos e axudásemos, pero para iso hai que deixarse de pelexas e hai que saber se se quere facer. A Xunta quéreo facer e espero que o PSOE diga canto antes que si, que se poñan de acordo e poñámonos a traballar”, sentenciou o vicepresidente, en declaracións nun acto en Vilaboa.

O ALCALDE REAFÍRMASE

Por outra banda, o alcalde de Vigo reafirmou este martes que el “acepta” o “modelo Valencia” sempre que os fondos os xestionen os concellos.

“Que todo se transfira ao concello e este asigne recursos de acordo a uns baremos. (…) Esperamos que digan que cantidade asignan a Vigo, que a transfiran e Vigo complementará as cantidades da Xunta coas cantidades da Deputación, de acordo co modelo Valencia”, deu por feito.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...