InicioEconomíaO PP reclama ao Goberno central que restableza todas as conexións de...

O PP reclama ao Goberno central que restableza todas as conexións de tren de Vigo-A Coruña e a Madrid e Barcelona

"Non poden ampararse na covid para suprimir servizos que son elementais", di a senadora Pilar Rojo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A senadora do PP de Pontevedra Pilar Rojo rexistrou unha moción na Cámara alta para reclamar ao Goberno central que restabezca todas as conexións de tren na provincia, tanto as que teñen que ver co Eixo Atlántico entre Vigo e A Coruña como as que a unen con outras comunidades e, principalmente, coas cidades de Madrid e Barcelona.

Rojo critica a “decisión unilateral” que atribúe a Renfe. “Non poden ampararse na covid para suprimir servizos que son elementais para garantir a mobilidade dentro da nosa provincia e, tamén, con Santiago ou A Coruña”, denunciou.

Non en balde, advertiu que a supresión de frecuencias “dificulta” o acceso de moitos cidadáns ao lugar de traballo ou e ensino, principalmente ás universidades galegas.

Así, lembrou que durante o estado de alarma Renfe mantivo operativo o 30 por cento da súa oferta, e oito meses despois, a reposición de servizos rolda o 50 por cento.

“E, o peor de todo, é que tampouco dispoñen de previsións sobre cando se prevé a recuperación dos servizos suspendidos”, lamentou, antes de recalcar que o transporte ferroviario é “unha necesidade básica”.

ÚLTIMAS

Vigo e as pensións

POR ÓSCAR LOMBA, activista social e integrante de Podemos Defender as pensións públicas é defender...

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...